Texto de Privacidade

1. O contido da web da Lingua Artificial Dastmen, (en diante, DASTMEN.COM) ten por obxecto informar da estrutura lingüística do Idioma Artificial, creado, desenvolvido e divulgado por JUAN M. JIMÉNEZ NOGUERA, e dos ámbitos públicos referentes a linguas artificiais e/ou naturais existentes e/ou expostas en Internet..

2. DASTMEN.COM é titular dos dereitos de propiedade intelectual sobre as imaxes, textos, deseños, animacións, ou calquera outro contido ou elementos desta web, desenvolvido en formato básico de MACROMEDIA DREAMWEAVER 8, e dispón dos permisos necesarios para a súa utilización, e polo tanto, queda prohibida a súa reprodución, distribución, comunicación pública e transformación.

3. DASTMEN.COM rexeita a responsabilidade que se derive da mala utilización dos contidos e resérvase o dereito a actualizalos cando queira, a eliminalos, limitalos ou impedir o acceso a eles, de maneira temporal ou definitiva.

4. DASTMEN.COM non asume responsabilidade algunha pola información contida en páxinas web de terceiros ás que se poida acceder por enlaces (links) ou buscadores das páxinas web de DASTMEN.COM (motorizado por GOOGLE). A presenza de enlaces (links) nas páxinas web de DASTMEN.COM ten finalidade meramente informativa.

5. DASTMEN.COM non se fai responsable dos posibles erros que se puidesen producir polo feito de utilizar versións de navegadores non actualizadas, ou das consecuencias que se puidesen derivar do mal funcionamento ou incorrecta utilización do navegador.

6. DASTMEN.COM garante a confidencialidade dos datos de carácter persoal facilitados polos membros/visitantes e o seu tratamento automatizado de acordo coa lexislación sobre protección de datos de carácter persoal.
Mediante a cumplimentación voluntaria dos formularios da páxina de DASTMEN.COM e/ou enviando e-mails, vostede autoriza que os datos contidos nos mesmos sexan incorporados a un fichero automatizado e almacenados e tratados por DASTMEN.COM para dirixirlle novidades ou seccións do seu espazo web. Poderá exercer os dereitos de oposición, acceso, rectificación, cancelación dos seus datos, previstos na L.O. 15/1999 do 13 decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, remitindo escrito ao titular do espazo web Juan M. Jiménez.

7. Vostede utiliza este sitio baixo a súa enteira responsabilidade. DASTMEN.COM non pode garantir que este sitio non conteña erros ou disfuncións que poidan afectar ao seu ordenador. DASTMEN.COM non pode garantir que toda a información estea actualizada no momento que vostede está visitando as páxinas (incluíndo tamén os datos contidos nos arquivos descargables desde esta páxina web). DASTMEN.COM non se fai responsable de ningunha perda ou dano que poida sufrir como resultado de utilizar este sitio.